domingo, abril 28, 2024
InicioNewsComarcasO salón do automóbil abre as portas este mércores no IFEVI

O salón do automóbil abre as portas este mércores no IFEVI

O alcalde de Vigo, Abel CAballero, xunto coa concelleira de Turismo de Vigo, María Lago, e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades visitaron este martes a montaxe do salón do automóbil de Vigo 2021, que prepara no IFEVI a súa apertura para este mércores 30 de xuño a partir das 16:00 horas.

O certame, que se celebrará ata o domingo 4 de xullo, atópase en pleno proceso de montaxe, con todo previsto para que, desde o mércores pola tarde ata o domingo ás 21.00 horas, «todas as persoas interesadas en adquirir un coche novo poidan comparar modelos e condicións dos concesionarios oficiais da comarca, ou ben pasar unha entretida xornada en familia para ver en directo os últimos lanzamentos das principais marcas do mercado», segundo apuntan dende a organización.

A pesar de que as vacinacións continúan realizándose no recinto feiral de Vigo, a axilidade nos accesos está practicamente garantida, ao trasladarse moitos convocados a outros puntos, facilitándose así o acceso e aparcamento durante a celebración do evento.

Entre todas as medidas anti- Covid que garanten a seguridade dos visitantes, destaca a realización de probas PCR gratuítas para todos aqueles que desexen realizar un test de forma voluntaria no propio recinto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES