lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasVolven os contaxios ao Porriño e ao Rosal

Volven os contaxios ao Porriño e ao Rosal

Os casos soben en Redondela e a incidencia aumenta en Baiona e en Tui.

Segundo a última actualización de Sanidade, os contaxios volven ao Porriño e ao Rosal logo de que non se rexistraran casos nin nos últimos 7 nin nos últimos 14 días. En Redondela son 6 positivos máis que onte a incidencia aumenta en Baiona e en Tui.

O PorrIño e O Rosal saen da listaxe dos concellos libres de COVID-19 ao rexistrar contaxios na última semana. No caso do concello da Louriña sitúase, así, cunha incidencia menor aos 10 positivos por cada 100.000 habitantes en 7 días e no caso do do Baixo Miño supera os 25 por 100.000. Con todo, ambos municipios , no abano dos 1-9 contaxios.

A incidencia aumenta en Baiona e Tui mais continúan fóra da zona considerada de risco por Sanidade. Redondela suma seis casos con respecto á anterior xornada ata os 16 nunha semana e ata os 21 coa perspectIva de dúas.

A Guarda, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Pazos de Borbén seguen sen contaxios no periodo dunha semana e Mos presenta a incidencia máis baixa do rango de Sanidade con menos de 10 casos por cada 100.00 habitantes nunha semana, ao igual que Tomiño.

Vigo suma 16 casos con respecto á anterior actualización ata os 62 contaxios nunha semana e preto dos 100 coa perspectiva de 14 días. A cidade olívica presenta unha incidencia entre os 10 e os 25 positivos por 100.000 habitantes en sete días ao igual que Ponteareas con non máis de 9.

Soutomaior mantén os datos epidemiolóxicos con respecto a onte ao contar con menos de 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana.

As localidades nas que o virus deixou de circular tanto a 7 como a 14 días son as de Oia, Nigrán, Fornelos de Montes, Covelo, Crecente, Arbo, As Neves, Mondariz e Mondariz-Balneario.

O conxunto da Área Sanitaria de Vigo conta con 208 casos activos. Isto é, 19 maís que na anterior xornada. En canto á presión hospitalaria son dous pacientes menos en camas convencionais, ata un total de catro, e mantense unha persoa nas unidades de coidados intensivos.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES