sábado, mayo 4, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO capitán de corbeta Pablo Redondo, novo comandante do Miño

O capitán de corbeta Pablo Redondo, novo comandante do Miño

Releva a Juan Díaz, que estivo dos ano ao fronte do cargo na Comandancia Naval do Miño en Tui.

O capitán de corbeta Pablo Redondo Belzunce é o novo comandante naval do Miño. Onte tivo lugar a súa toma de posesión, na que estiveron presentes o comandante saínte, Juan Díaz Rodríguez; o almirante de Acción Marítima, Juan Luis Sobrino Perez-Crespo; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

A subdelegada destacou de Díaz Rodríguez o seu compromiso e labor á fronte da Comandancia Naval do Miño. “Foi un último ano e medio complicado, que nos serviu para comprobar os efectos que ten restablecer unha fronteira da cal xa nos esqueceramos. Porque por fortuna este río que hoxe temos ás nosas costas e que un día serviu de fronteira natural, co paso do tempo converteuse nun nexo de unión entre ambas beiras, e sobre todo, nun eixo de cooperación transfronteiriza”, delarou Larriba.

A subdelegada lembrou tamén o Tratado de Límites, que ano a ano rubrica cada país e que hoxe é un acto de irmandade entre ambos pobos. “O que fai séculos separou aos dous estados hoxe serve como nexo de unión e permite unha xestión dos recursos naturais desde o punto de vista da solidariedade e a sostenibilidade”, afirmou Larriba.

A subdelegada quixo tamén poñerse a disposición do novo capitán, ao que lembrou “que sempre poderá contar coa colaboración desta subdelegada e de toda a Subdelegación do Goberno de Pontevedra”.

Por outra parte, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu na casa do concello ao novo comandante naval do Miño, Pablo Redondo Belzunce, ao almirante de Acción Marítima, Juan Luis Sobrino Perez-Crespo, e ao capitán saliente, Juan Díaz Rodríguez, a quen lle transladou o seu agradecemento e o de toda a cidade pola súa labor ao fronte da Comandancia Naval do Miño. Ademais obsequioulle cun recordo conmemorativo da súa estancia na cidade durante o tempo que permaneceu no cargo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES