lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaAndainas medioambientais polos montes de Mos

Andainas medioambientais polos montes de Mos

O Concello organiza un total de 5 rutas, a primeira delas este domingo, 27 de xuño, en Louredo, con saída desde á aldea Alfacuca en San Antoiño e regreso ao mesmo punto

Trátase dunha proposta para facer deporte, coñecer o municipio e gozar dos moitos espazos naturais de Mos.
O percorrido programado para este domingo ten unha duración estimada de 2 horas. Ás 10.00 horas será a saída, fronte as escaleiras de Alfacuca. Aconséllase levar calzado cómodo e que agarre ben, ademais de levar un bastón de apoio.
As rutas estás catalogada para todos os públicos, pero desde o Concello sinalan que esta en concreto, conta con algúns puntos de bastante ascenso o que pode resultar difícil para nenos de corta Idade e persoas maiores. Tamén indica dende a organización que está permitido a compañía de cans

Perfil da ruta

Ten unha lonxitude de 6,8 quilómetros con saída e chegada desde a restaurada aldea Alfacuca.
A ruta ten un inicio cun falso chan duns 500 metros chegando despois a unha subida de 1,2 quilómetros que non é difícil pero si con bastante elevación. Ao remate desta subida segue en ascenso pero xa con terreo moito máis favorable.
Chegados ao punto máximo de elevación, de 419 metros, comeza o descenso sobre o quilometro 3,8 polo rego do Torroeira, un regato que acompañará aos camiñantes por máis de 1,4 quilómetros.
Despois deste descenso, que nalgún punto é algo pronunciado, chégase de novo á pista principal que comunica novamente con Alfacuca.
Os participantes estarán acompañados do Servizo de Protección Civil de Mos.

A próxima andaina está prevista para o vindeiro domingo, 4 de xullo, polo monte comunal da parroquia de Mos, o Salgueirón.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES