martes, abril 30, 2024
InicioComarcasLouriña"Xuntos conseguimos que Mos saia do nivel medio de restricións"

«Xuntos conseguimos que Mos saia do nivel medio de restricións»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, alédase do cambio de nivel que permitirá ampliar aforamentos na hostalería e na cultura.

A rexedora mosense pide á veciñanza que non baixe a garda para «non dar pasos cara atrás» agora que o municipio conseguiu baixar de nivel de restricións. Mos estará no nivel medio-baixo de limitacións, ao igual que todos as localidades de Galicia agás Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior, a partir do sábado.

A hostalería amplía, así, aforamentos ata o 75% no exterior das terrazas e á metade da capacidade no interior dos locais. De igual xeito, flexibilizanse as condicións para o sector da cultura, entre outros, tal e como explica a rexedora.

Arévalo fai balance tamén do peche do municipio e o concello poñerá en marcha unha campaña de promoción para o sector da hostalería.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES