martes, abril 30, 2024
InicioNewsO PaísO número de positivos COVID baixa en Galicia a niveis de agosto

O número de positivos COVID baixa en Galicia a niveis de agosto

Tanto as hospitalizacións como os casos activos que ten actualmente Galicia pola COVID-19 sitúanse a niveis de agosto de 2020. Os ingresos por coronavirus baixan dos 100, unha cifra que non se daba dende agosto e os positivos suman 2.052 casos.

Case un mes despois de que finalizase o estado de alarma (9 de maio) a melloría da pandemia en Galicia é notoria. O pais ten hoxe un cento de casos menos que onte, aínda que se detectaran 91 novos positivos na última xornada.

Con pouco máis de 2.000 positivos, Galicia sitúase en niveis de agosto de 2020 no que ao número de contaxiados se refire.

Por áreas sanitarias, a de Vigo segue a ser a de maior incidencia:

Vigo: 574 (-61)

Santiago: 358 (-12)

A Coruña: 356 (-1)

Pontevedra: 250 (+3)

Lugo: 250 (-19)

Ourense: 168 (+4)

Ferrol: 114 (=)

Nos hospitais, non había tan poucos ingresados en UCI desde setembro de 2020. Hai hospitalizadas 98 persoas, a cifra máis baixa dende o 26 de agosto do ano pasado. Un total de 83 están en planta (-4) e 15 nas UCI (-5).

En canto aos pasamentos, o Sergas notificou onte a morte de dúas persoas de 59 e 69 anos por causa da covid−19 en Galicia. A cifra de vítimas da pandemia no país acada as 2.424 persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES