sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísVeciños do Porriño confinados nun edificio por un escape de gas

Veciños do Porriño confinados nun edificio por un escape de gas

Os veciños dun edificio do Porriño quedaron confinados durante case dúas horas no interior das súas vivendas polos bombeiros de maneira preventiva tras a rotura dunha tubaxe de gas.

A rotura produciuse na Avenida de Galicia, .

O 112 foi avisado preto das 10.30 horas pola Policía Local. Os axentes detectaron unha nube de gas nas escaleiras do edificio e solicitaron a intervención dos bombeiros.

Os veciños quedaron illados nas súas casas ata finalizar a intervención.

Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, aos bombeiros e aos membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño mais á empresa xestora do gas na zona.

A empresa procedeu a cortar a subministración.

Despois do mediodía os veciños puideron saír  e tamén entrar as súas vivendas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES