viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísPortugal, con capacidade para responder á situación da COVID

Portugal, con capacidade para responder á situación da COVID

O Goberno Portugués trasládalle á Xunta que «neste intre, hai capacidade para responder ás necesidades actuais» polo que non trasladará pacientes a Galicia.

A través do coordinador rexional norte para a resposta de UCI, o goberno luso vén de remitirlle unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que lle agradece a dispoñibilidade da Xunta de Galicia para axudarlles na atención sanitaria por mor da COVID-19.

No escrito, o coordinador portugués sinala que a rexión norte continúa cunha gran presión asistencial, pero, neste intre, son capaces de responder ás necesidades actuais a través dos seus propios dispositivos asistenciais, e que non prevén unha alteración da situación nos vindeiros días.

As autoridades lusas subliñan que é moi importante para o Goberno portugués coñecer que a Xunta lle ofrece o seu apoio, e que o fará efectivo caso de que o necesitaran.

Acollida no Álvaro Cunqueiro

Foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen anunciou no Instituto Ferial de Vigo a acollida de pacientes COVID-19 co fin de auxiliar ao país veciño e insistiu en que «O Cunqueiro ten a capacidade suficiente para ofrecer esta axuda» e  colocou ao hospital vigués como o «exemplo na loita contra a COVID-19 en Galicia e toda España».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES