viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísOs positivos COVID soben en Galicia tras 25 días en descenso

Os positivos COVID soben en Galicia tras 25 días en descenso

O descenso dos casos activos de coronavirus parouse. Na última xornada detectáronse 113 novos contaxiados o que fixo subir a 1.355 (+9) os positivos de coronavirus en Gaglicia tras 25 días consecutivos de baixada.

Os casos activos de COVID-19 subiron en Galicia en todas as áreas na última xornada agás na de Vigo e Santiago. A área da Coruña supera xa os 400 positivos, tras 8 xornadas consecutivas de ascensos.

Por áreas:

A Coruña: 410 (+9)

Ferrol: 96 (+3)

Lugo: 177 (+2)

Ourense: 154 (+9)

Pontevedra: 127 (+3)

Santiago: 127 (-7)

Vigo: 264 (-10)

A situación nos hospitais é estable. O número de ingresados é de 61; deles 45 están en planta (-2) e 15 (+1) en UCI.

Desde o Sergas insisten en pedir responsabilidade e prudencia nas interaccións sociais que se retoman estes días especialmente entre a xente moza e a máis interacción, máis contaxios.

Galicia leva cinco días se recibir a notificación de falecementos COVID. Desde o inicio da pandemia os falecidos por coronavirus ascenden a 2.430.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES