viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísOs bonos turísticos galegos esgótanse en menos de 12 horas

Os bonos turísticos galegos esgótanse en menos de 12 horas

Podíanse solicitar desde este 14 de abril ás 00.00 horas e as doce do mediodía xa estaban esgotados. Os bonos turísticos habilitados pola Xunta como medida para apoiar un sector tan castigado pola pandemia. Son bonos para as galegas e galegos para establecementos hostaleiros de Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

Tras o Consello da Xunta deste xoves, Feijóo fixo pública a propia «sorpresa» da Xunta pola boa acollida desta iniciativa, que durou menos de doce horas», e anuncia que seguirán traballando co sector.

«Tivo máis impacto do que pensabamos», asegurou; e pide desculpas a quen non puido adquirir o bono.

Os cartóns de 500 euros foron as máis demandadas, copando o 82 % das solicitudes presentadas, mentres que o 10,3 % das pedidas foron as de 375 euros, e o 7,3 % restante foron de 250 euros.

A Xunta achega o 60 % desas cantidades, o 40 % restante corre a cargo do beneficiario, que deberá abonar o diñeiro no prazo de tres días desde que se lle comunique a concesión do bono turístico.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES