viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia móstrase en Fitur como referente de destino internacional

Galicia móstrase en Fitur como referente de destino internacional

Galicia presentouse en FITUR como destino de referencia internacional este 2022 co Camiño de Santiago como eixo central e repleta de propostas seguras e de calidade para todos os que a escollan.

O Camiño volve ser o mellor antídoto contra a tebra da pandemia así o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación de Galicia, hoxe en FITUR, a Feira Internacional de Turismo en Galicia.

Feijóo fixo unha invitación formal a visitar esta terra: «Sempre é un bo momento para visitar Galicia e sempre hai un sitio para quen desexe coñecela»

Dixo que Camiñar a Galicia é facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escenarios excepcionais, pola cultura, a gastronomía e a hospitalidade, como exemplifican os 328 establecementos coa Q de calidade turística cos que conta

Feijóo lembrou na súa interveción que o Goberno galego adaptou os albergues, os locais e as rutas xacobeas á nova situación sanitaria; formou ao persoal; inxectou máis de 120 millóns ao sector hostaleiro; e implantou un seguro coronavirus para dar confianza ao viaxeiro

A demanda turística en Galicia medrou en 2021 ata 25 puntos máis que a media de España.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES