viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísFalece o operario de 59 anos, grave tras o incendio de Pontesa

Falece o operario de 59 anos, grave tras o incendio de Pontesa

Benito González Dopazo, o operario de 59 anos que resultou grave no sinistro, faleceu de madrugada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Levaba ingresado no hospital desde o mesmo domingo. Sufriu queimaduras de terceiro grao no 85% do seu corpo. Foi trasladado inicialmente a Montecelo, pero debido á súa gravidade foi rapidamente derivado á unidade de queimados do hospital coruñés.

A pesar dos esforzos do persoal médico e os especialistas que lle trataron, o traballador non logrou sobrevivir aos danos que lle provocaron as queimaduras.

A morte de Benito González foi moi sentida, especialmente, en Marín, localidade da que era orixinario. Concelleiro do PSdeG-PSOE na actual corporación, da que xa fora edil co socialista Fran Veiga como alcalde, sempre foi un home un implicado socialmente.

Técnico superior en pesca marítima, era natural de Santomé de Piñeiro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES