viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta destina 111 millóns ás zonas afectadas polo peche de centrais...

A Xunta destina 111 millóns ás zonas afectadas polo peche de centrais térmicas

As comarcas prexudicadas polos peches das centrais térmicas como Meirama e As Pontes recibirán 111 millóns de euros de fondos europeos para paliar esta afección da denominada transición enerxética. O obxetivo destas axudas é  relanzar as economías destas zonas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda:

«A poboación afectada está pedido certezas, cun futuro que se volve máis sombrío, máis negro, co peche desas, empresas, e polo tanto son necesarios apoios concretos, e relanzar proxectos empresariais», dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O Fondo de Transición Xusta quere impulsar proxectos tractores que permitan transformar o tecido empresarial das zonas afectadas. Coa creación de novas empresas, a transformación de proxectos xa existentes ou a compra de activos de industrias que pechan.

E aínda que ese fondo está dotado con 111 millóns, a Xunta cre que os seus efectos se poden chegar a multiplicar ata por catro. «Ao final o obxectivo é chegar mobilizar un mínimo duns 400 millóns de euros nunha parte do territorio de Galicia, na provincia da Coruña, especialmente nesas comarcas nas que estaban as grandes centrais, que non será por non avisalo, sufriron e están sufrindo as consecuencias dunha transición enerxética mal executada», afirmou Rueda.

A contía vai dende o 15 ao 35 por cento do proxecto, en función do tamaño da empresa. As grandes empresas teñen ata o 23 de xuño para manifestar o seu interese nestas axudas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES