viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasVigoAs dez alcaldesas da área de Vigo dánlle voz a Rosalía de...

As dez alcaldesas da área de Vigo dánlle voz a Rosalía de Castro

A totalidade das alcaldesas da área de Vigo puxeron voz a Rosalía de Castro na campaña do Día de Rosalía realizada por Si Radio de Galicia nas comarcas da área de Vigo.

Así as 10 alcaldesas da área gravaron para Si Radio os poemas que escolleron dalgunha das obras de Rosalía de Castro.
As rexedoras escolleron libremente os poemas e non repetiron ningún, o que é posible grazas á riquísima obra da autora homenaxeada.
Si Radio solicitou a gravación este ano ás alcaldesas, como referente do poder da muller en Galicia, un paso de xigante partindo do momento no que se escribiron moitos deses versos, pero aínda pequeno, pois en moitos sectores da sociedade os dereitos das mulleres están aínda próximos ao momento en que Rosalía escribiu eses poemas.
Celébrase o 187 aniversario do nacemento da autora galega, en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.
Rosalia de Castro é a poeta máis importante da literatura galega, e a primeira en ser homenaxeada polo día das letras galegas, que se crearon para honrala e se celebran o 17 de maio como conmemoración da publicación de Cantares Gallegos. Nacida no século XIX, é unha das poucas mulleres da súa época (a nivel mundial) que resalta como a gran figura das letras dun país, encabezando o seu movemento literario máis relevante.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, escolleu un artigo que publicou Rosalía de Castro en El álbum del Miño en 1858. O texto considérase o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia «e probablemente en España», di. Pola súa banda, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, recita o poema «Negra Sombra» da obra Follas Novas. O poema 451 de Rosalía de Castro, «Apolo…», é o que le a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. No caso da rexedora do Porriño, Eva García de la Torre, escolle o poema «Nasín cando as prantas nasen» de Cantares Gallegos. «Calade!» é o  recitar da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tamén da obra de 1880 de Rosalía de Castro. A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, recita «O toque da alba» e «Pra Habana!» son os versos que le a rexedora de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. Co fin de alzar a voz pola autora galega, a rexedora de Mos, Nidia Arévalo, escolle «Adiós, ríos; Adiós, fontes» e Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, pon son a «Tecín soa a miña tea». Os «airiños, airiños aires» chegan da man da rexedora de Cangas, Victoria Portas.

A música de fondo das lecturas é a alborada «Camiño da Rosa» do mosense Xulio Lorenzo, do seu traballo XL. Si Radio fai constar o seu agradecemento a tódalas alcaldesas por participar connosco nesta iniciativa

anxela rosal


SON LIBRE… Artigo que publicou Rosalía de Castro no Álbum del Miño en 1858

Ánxela Férnadez Callis – Alcaldesa de O Rosal

 



CRISTINACORREAOIA


NEGRA  SOMBRA   FOLLAS NOVAS – 1880 

Cristina Correa    – Alcaldesa de Oia

 

 

DIGA RIVAS3


POEMA 451,  APOLO  Digna Rivas  – Alcaldesa de Redondela

 

 




 

eva

 

NASÍN CANDO AS PRANTAS  NASEN    CANTARES GALLEGOS – 1863

Eva García de la Torre  –  Alcaldesa de O Porriño

 


LETICIA SANTOS

CALADE    FOLLAS NOVAS  – 1880

Leticia Santos   –  Alcaldesa de Moaña

 


LOLI

O TOQUE DA  ALBA    FOLLAS NOVAS   – 1880

Loli Castiñeira Alén – Alcaldesa de Salceda

 


MARTA SALVATERA

PRA  HABANA!   FOLLAS NOVAS – 1880

 Marta Valcárcel Gómez  – Alcaldesa de Salvaterra

 


NIDIA AREVALO

 ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES   

 CANTARES GALLEGOS – 1863

Nidia Arévalo Gómez  – Alcaldesa de Mos


SANDRA GONZALEZ

TECÍN SOA A MIÑA TEA   FOLLAS NOVAS –1880

Sandra González – Alcaldesa de Tomiño

 


victoria portas

AIRIÑOS, AIRIÑOS  AIRES    1863

Victoria Portas Mariño – Alcaldesa de Cangas

 


 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES