sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaA edil de Deportes de Mos, Begoña Toucedo, deixa a corporación

A edil de Deportes de Mos, Begoña Toucedo, deixa a corporación

O motivo da renuncia é o traslado do seu domicilio a Madrid por motivos de formación

 Foi no pleno deste luns cando se deu conta da renuncia da concelleira de Participación Cidadá e Deportes, que deixa o goberno e a corporación municipal porque traslada o seu domicilio a Madrid por motivos de formación, xa que desde agora cursará alí estudos.
Toucedo despediuse agradecida con todos e cada un dos seus compañeiros de corporación, cos que asegurou “foi un pracer traballar e compartir este tempo e esta marabillosa experiencia que, aínda que se viu un pouco truncada por mor da crise sanitaria da COVID-19, foi un orgullo e toda unha honra poder vivir”.
Ademais tivo unhas palabras especiais para a alcaldesa, Nidia Arévalo, á que lle agradeceu a “oportunidade” que lle brindou de “formar parte do seu equipo”, así como para os seus compañeiros do goberno local aos que lles deu as “grazas polo apoio incondicional”.
A rexedora local mosense referiuse moi emotivamente á concelleira Begoña Toucedo manifestando “a evidente tristeza que este tipo de despedidas conlevan, pero desexándolle a Begoña moita sorte e agradecéndolle que me permitise compartir con ela unha candidatura e preto de 2 anos de goberno. Grazas pola túa entrega e o teu traballo”, concluíu dicíndolle Arévalo.
Ademais todos os seus compañeiros dos demais grupos da corporación coincidiron en desexarlle a Toucedo o mellor e moita sorte nesta nova etapa vital que inicia. E en demostrarlle a tristura pola súa marcha así como todo o seu apoio, afecto, camaradería e respecto. Desexando por último que regrese pronto a Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS