viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaUn camión choca contra un muro na estrada que leva ata o...

Un camión choca contra un muro na estrada que leva ata o Faro de Budiño

O condutor tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia

O 112 Galicia foi coñecedor do sinistro mediante a chamada dun particular, ás dez da mañá deste xoves, que informaba do accidente do camión contra un muro. A colisión tivo lugar na Cruz, na estrada que leva ata o Faro de Budiño.

Unha vez recollidos os datos, desde o CIAE-112 deuse aviso aos servizos médicos, aos Bombeiros do Porriño, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, xa desde a zona, a patrulla da Policía Local do Porriño confirmoulle ao 112 que o condutor foi atendido, no lugar, polo persoal sanitario e, posteriormente, trasladado ao centro hospitalario de referencia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES