viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Prado recupera un cadro que levaba 92 anos no Porriño

O Prado recupera un cadro que levaba 92 anos no Porriño

A obra «A prisión de Francisco I» que estaba en depósito no Concello desde 1929, volveu esta semana ao museo madrileño.

IMG 6518Foi un equipo técnico enviado polo Museo do Prado que o retirou e trasladou.

O óleo, obra do pintor italiano Giovanni Migliara, foi cedido polo Museo do Prado ao Concello do Porriño con data do 11 de decembro de 1929. A pintura estivo colgada nunha das paredes da antiga oficina da Alcaldía durante 92 anos.

El Prado disperso

É parte do que se chama «El Prado disperso”, que denomina as obras das diferentes coleccións pictóricas que o museo cedeu debido á escaseza de espazo de exposición nas súas dependencias desde que abriu ao público, en 1819. Máis dun século despois, a partir de 1980, a Dirección comezou unha revisión dos depósitos feitos para verificar que as obras permaneceron nos lugares e institucións que documentaban os seus arquivos e coñecer o seu estado de conservación.

O levantamento do depósito feito a Porriño responde á decisión do museo para volver a expoñer a pintura de Migliara nas salas do século XIX. Probablemente a mediados deste ano, segundo o persoal do Prado. Previamente pasará por un proceso de posta a punto polos restauradores do museo, aínda que o estado de conservación é bo, segundo comunicaron.

«A prisión de Francisco I» recrea o encarceramento do antigo rei Francia na Cartuja de Pavía, logo de ser derrotado polo emperador Carlos I en 1525. Este lenzo foi pintado por Giovanni Migliara ao redor de 1825 segundo os rexistros do Museo do Prado. A raíña María Cristina de Borbón mercouno e incorporouse aos fondos da pinacoteca nacional.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES