sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMesa Local contra a violencia de xénero en Mos na véspera do...

Mesa Local contra a violencia de xénero en Mos na véspera do 25 N

Durante a mesma entregouse ao membros o IV Plan de Igualdade do Concello de Mos 2022-2025

Esta mañá celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a Mesa local contra a violencia de xénero na que participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara
Cebreiro, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, as traballadoras do CIM de Mos e do departamento municipal de Política Social de Mos, representantes do Centro de Saúde de Mos e IES de Mos, traballadoras dos departamentos de Educación, Participación Cidadá e Mocidade, e demais integrantes da mesa como Corpos de Seguridade (Policía Local e Garda Civil).
Desde a Concellería de Política Social e Igualdade que dirixe a edil Sara Cebreiro, decidiuse proceder á convocatoria da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, coa seguinte orde do día: lectura e aprobación da acta da sesión anterior. Dar conta das mulleres atendidas e das actividades realizadas no CIM dende a celebración da última mesa. Actividades xa realizadas neste ano 2022 e as pendentes de realizar. Información e entrega do IV Plan de Igualdade do Concello de Mos 2022-2025. Propostas de actividades para o ano 2023. Preguntas e suxestións.
Ademais hoxe abordouse tamén a necesidade da constante formación do persoal profesional que traballa habitualmente con casos de violencia de xénero. E no marco da reunión desta mañá levouse tamén a cabo un balance da atención á muller no Centro de Información á Muller mosense. As Mesas Locais de Coordinación teñen como obxectivo xeral, a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou a importancia destas Mesa Locais de Coordinación, xa que reúnen no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero. Arévalo insistiu na vital importancia da loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático, e polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.
A rexedora local destacou que o Concello de Mos, considera como obxectivos específicos desta Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES