viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaDesmantelan en Mos unha plantación de marihuana

Desmantelan en Mos unha plantación de marihuana

A operación conclúe coa detención de 3 veciños de Mos e a incautación de 682 plantas

A Garda Civil detivo a tres cidadáns de países de Sudamérica, residentes en Mos, como presuntos responsables dunha plantación indoor de marihuana que tiñan no seu domicilio e nunha nave industrial no mesmo municipio.
As investigacións levadas a cabo polo Posto de Mos, e co apoio do Equipo de Policía Xudicial de Vigo e o EBIO de O Porriño, iniciáronse ao ter noticia da suposta defraudación de fluído eléctrico que se estaba producindo nunha nave industrial, a tenor do cal a empresa subministradora xa tiña aberto un procedemento para o corte da luz.
Cando se confirmaron as sospeitas dun almacenamento clandestino de marihuana, tanto polos signos externos como polo cheiro característico que desprende esta planta, activouse o protocolo de investigación deste tipo de delitos que levou á identificación dos presuntos responsables. Seguidamente procedeuse ao rexistro, tanto da nave, como do domicilio no que residían, ao existir fundadas sospeitas dunha plantación na vivenda.
Trátase de tres persoas de nacionalidades ecuatoriana e bolivianos, un home e unha muller de 37 e 38 años e o fillo dela, de 22; o home con antecedentes policiais por tráfico de drogas, que foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e defraudación do fluído eléctrico.
No rexistro da nave industrial, que alugaran a comezo deste ano, a Garda Civil incautouse de 400 plantas de marihuana, ademais dunha inxente cantidade de medios e elementos que se usan para o cultivo desta especie. Sobresaen pola súa cantidade, os bidóns de abonos químicos e os sacos para a súa embalaxe. Así mesmo, tamén se desmantelou infraestrutura que tiñan para a montaxe do sistema eléctrico, de rego e refrixeración, contando para elo con equipos de aire acondicionado, ventiladores, deshumidificadores, cadros eléctricos, transformadores e lámpadas de alto voltaxe. Todo elo orientado e predisposto para sacarlle o maior rendemento posible ao cultivo desta planta.
No rexistro das distintas estancias da vivenda onde residían os detidos, a Garda Civil atopouse cunha plantación indoor perfectamente dotada con todos os sistemas de electricidade, refrixeración e rego. Interviñéronse 226 plantas de marihuana cortada e 56 macetas con plantas de distintos tamaños en proceso de crecemento. Entre o material intervido figuran 26 alternadores de alimentación das lámpadas, 24 lámpadas específicas, 5 deshumidificadores e 8 ventiladores, ademais dunha axenda con anotacións.
Dous dos detidos quedaron en liberdade en sede policial. O terceiro, xunto coas dilixencias instruídas foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número tres do Porriño, que decretou a súa liberdade provisional con cargos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES