lunes, mayo 6, 2024
InicioComarcasLouriñaAndaina conmemorativa do Día do Alzheimer organizada por Afaga

Andaina conmemorativa do Día do Alzheimer organizada por Afaga

Será o 17 de setembro con saída desde o Pazo de Mos e requírese inscrición previa

Afaga organiza en Mos unha andaina para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer. Será o sábado 17 de setembro con saída desde o Pazo de Mos ás 10.00 horas.

O percorrido transcorrerá polo paseo do río Louro, cunha parada intermedia para proceder á prantación da ‘árbore da memoria’ como símbolo conmemorativo, e ao remate da andaina, charla titulada ‘Demencia no día a día’ impartida por Alba López, psicóloga sanitaria e Jesús María Andrea, terapeuta ocupacional. A charla dará comezo ás 12.00 horas e ten entrada libre ata completar o aforo.

Para a andaina é necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 22 97 97.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES