viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaArde unha casa prefabricada en Casal, no Porriño

Arde unha casa prefabricada en Casal, no Porriño

O lume iniciouse pasada a medianoite e o copo de bombeiros extinguiuno ás 03:00 horas da madrugada.

Unha casa prefabricada ardeu na medianoite deste luns no Casal, no municipio do Porriño. A vivenda quedou calcinada por completo e, por sorte, non hai que lamentar danos persoais. Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia. Ata o lugar dos feitos acudiron os bombeiros do Baixo Miño, do Porriño, Ponteareas e tamén se puxo en coñecemento ao corpo de Vigo. Polo de agora, non se coñecen as causas que puideron orixinar o incendio.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES