sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriña“Amamos con ORGULLO e liberdade”

“Amamos con ORGULLO e liberdade”

É a frase gañadora do concurso convocado polo Concello de Mos co motivo do día do Orgullo LGTBI+.

Post Instagram Frase lgtbiPresentáronse 11 frases e o xurado ditaminou por unanimidade que a mellor é “Amamos con ORGULLO e liberdade”, autoría de Noelia Pérez Daponte de 40 anos natural Tameiga. Esta frase estará exposta na rotonda das Angustias dende este xoves ata o 30 de xuño. O premio para a gañadora será un vale de 150 euros para gastar en material de librería e será a encargada de ler o manifesto no Pleno ordinario do mes de xuño.
Este concurso de frases foi convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+ pola Concellería de Mocidade que dirixe o edil Leo Costas.
Desde o Concello de Mos quérese seguir dando continuidade e visibilidade a accións a favor dos dereitos LGTB e facer partícipe á poboación mosense.
O día do Orgullo LGTBI+ é o próximo 28 de xuño con ese motivo organizouse este concurso, no que a poboación puido participar creando unha frase que englobase neste día a diversidade sexual e de xénero.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES