viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaA carretera sega a vida dunha familia en Salceda

A carretera sega a vida dunha familia en Salceda

ACTUALIZADA AS 18:00 HORAS 21/03/2021 Unha nai, a súa filla e o seu fillo, os dous menores, perderon a vida na estrada PO-510 entre Salceda e Salvaterra.

A estrada volveu a romper en anacos unha familia. Esta noite a desgraza levou por diante a vida dunha nai de 38 anos de idade, María Luisa G.S; a da súa filla de 13 anos, Daniela F.G e do seu fillo de 6 anos, Beltrán F.G. Vivían en Salvaterra de Miño e están vinculados á panadería Francos de Ponteareas. Precisamente, o marido dela, e pai dos fillos, Jesús, é moi coñecido na comarca polo oficio.

Os feitos ocorreron ás 22:15 horas na estrada PO-510, na zona coñecida como Alto da Brava. O choque foi frontal entre o vehículo que usaban as víctimas e outro, un deportivo, conducido por un mozo,de Budino, que resultou ferido grave. Este veciño do Porriño, de 32 anos de idade, Alfredo L.R, foi intervido de urxencia no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Realizouselle a proba de alcol mediante analítica en sangue, como é habitual neste tipo de sinistros.

As causas do accidente están a ser investigadas. O 112 Galicia sinalou que ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias de Urxencias Sanitarias, Bombeiros Baixo Miño e Garda Civil de Tráfico. A Policía Local de Salceda e Protección Civil desta localidade, cortaron o tráfico en ambos  sentidos entre a ponte do alto da Forca e a saída de Parderrubias para facilitar os traballos dos equipos de emerxencia.

accidente salceda anxo gutierrez 6

accidente salceda anxo gutierrez

 

Dous días de loito oficial

O Concello de Salvaterra de Miño, no que residían as vítimas, acorda decretar dous días de loito oficial, os días 20 e 21 deste mes, en todo o termo municipal. As bandeiras ondearán a media hasta en todos os edificios municipais.

Igualmente, as tres forzas políticas con representación no Pleno da Corporación de Salvaterra de Miño «mostran o seu pesar pola triste noticia da morte de tres veciños do municipio a causa do fatídico accidente e trasladan as condolencias e apoio á familia».

Tamén haberá dous días de loito oficial, dende hoxe, en Nigrán. A muller, María Luisa G.S, era orixinaria da Cabreira (San Pedro da Ramallosa), segundo apuntan dende o Concello, no que ondearán as bandeiras a media hasta. Igualmente, traslada as súas condolencias e familiaras así como persoas achegadas.

 Adeus á familia

Numerosas persoas achegáronse ata ao Tanatorio de Ponteareas para despedir a María Luisa G.S, a Daniela e a Beltrán. Ata a igrexa parroquial de San Pedro de Angoares, lugar no se que se oficiou o funeral,  desprazouse tamén o rexedor de Nigrán, Juan González. María Luisa G.S era natural deste municipio. A comitiva fúnebre partiu ás 17:00 horas da tarde dende a sala de velatorio 4 do citado tanatorio.

O Colexio Lar, entidade educativa na que estudaban Daniela e Belrán, fíxolle chegar as súas lembranzas para o cativos en forma de coroas de flores. Numerosas tamén foron estas coroas, que transpontaron mediante dous coches ata a Igrexa de San Pedro de Angoares.

funeral accidente salceda anxo gutierrez 1
 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES