sábado, abril 27, 2024
InicioNewsComarcasBaiona, sen positivos nunha semana

Baiona, sen positivos nunha semana

A incidencia baixa en Gondomar con menos de 25 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Baiona no periodo dunha semana. Amáis, a incidencia descende no municipio de Gondomar. O conxunto da Área Sanitaria de Vigo rebaixa en 20 os casos activos con respecto a onte ata os 244.

Baiona forma parte xa da listaxe dos concellos das comarcas nos que a COVID-19 deixou de circular no periodo dunha semana. Nesta lista atópanse tamén os municipios de Nigrán, O Porriño e Mos. Pola súa banda, Ponteareas rexistra a incidencia máis baixa do rango de Sanidade con menos de 10 casos por 100.000 habitantes nunha semana.

As localidades que se atopan libres do virus, pois non rexistran contaxios nin en 7 nin en 14 días, son Fornelos de Montes, Arbo, Covelo, As Neves, O Rosal, Oia, Crecente, Mondariz e Mondariz-Balneario. 

En Gondomar a incidencia baixa ata rexistrar menos de 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Comparte, así, situación epidemiolóxica con Tomiño, Tui, Redondela, Vigo, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos en sete días con 36, é dicir, oito menos que na anterior xornada.

A Guarda, Soutomaior e Pazos de Borbén continúan na incidencia inferior aos 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana sen superar o abano dos 1-9 casos.

O conxunto da Área Sanitaria de Vigo conta con 244 casos activos. Isto é, 20 menos que na anterior xornada. De feito, é a área que máis baixa con respeto a onte, segundo Sanidade.

En canto á presión hospitalaria da área, é un paciente menos ingresados ata os 7 en camas convencioansi e mantense en dous os que precisan de coidados intensivos.

É a área da Coruña a que ten máis casos de Galicia con 431.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES