No programa de deportes Hora Bulideira deste mércores recibimos a Mariana García Britos, ciclista uruguaia do Team Oiense, despois de ser a gañadora da XX Edición do Trofeo Montes do Rosal. Unha entrevista na que a campioa contra o reloxo do Uruguai falou das súas primeiras semanas e éxitos na agrupación dirixida por Aser Estévez, da súa paixón polo ciclismo, dos seus soños coa Selección Nacional e os seus retos de carreira e da presente tempada.
Aquí podedes recuperar a entrevista con Mariana:

