José Tizón pasou pola Hora Bulideira deste mércores 21 de outubro, programa de deportes de SiRadio (15:00 a 16:00 de luns a venres) para falar connosco do prometedor comezo de tempada do actual líder da Terceira galega, o CD Boiro.
O técnico vigués falou dun proxecto que se marcou coma obxectivo xogar o PlayOff, dos trocos do equipo, das boas sensacións, da categoría e da evolución do proxecto co paso dos anos desde a súa chegada ás costas do Barbanza.
Podedes escoitar aquí a entrevista íntegra:

