HomeNewsActualidadeA exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui chega o próximo...

A exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui chega o próximo luns a Plasencia

Plasencia acollerá dende o próximo luns 26 de outubro e até o 11 de novembro a exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui. A mostra puido visitarse anteriormente no Centro Sefarad-Israel de Madrid e nas cidades de Llerena e Ávila. Agora continúa a súa itinerancia achegándose á cidade de Plasencia, Cáceres, que forma parte, como Tui, da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.

Esta mostra, composta pola reprodución das catorce pezas téxtiles procedentes do Museo Diocesano de Tui, constitúe unha fonte histórica de enorme valor e un dos testemuños máis directos e escasos da actividade inquisitorial.  A colección poderase visitar no Centro Cultural Las Claras.

A través dos sambenitos, a exposición propón un percorrido polo contexto social e relixioso da Galicia do século XVII, a actuación do tribunal inquisitorial e as dinámicas de persecución e sinalización que marcaron a vida de conversos, familias xudías e comunidades locais.

A inauguración da exposición terá lugar o luns, 26 de outubro, ás 19.30 horas na sede no Centro Cultural Las Claras. Contará coa participación do alcalde de Plasencia, David Dóniga, do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do xerente da Red de Juderías de España, Iñaki Echeveste. A continuación Rafael Sánchez Bargiela, historiador e comisario da mostra ofrecerá unha conferencia. 

A concelleira de Turismo e Patrimonio tudense, Ana María Núñez Álvarez, sinala a que esta exposición sobre os sambenitos da catedral de Tui, logo da excepcional acollida que tivo na sede do Centro Sefarad-Israel de Madrid así como en Llerena e Ávila, achégase agora a unha localidade emblemática como é Plasencia que neste outono promove diversas actividades arredor do patrimonio xudeu.  A exposición, engade a concelleira, non só contribúe a difusión destas pezas do patrimonio tudense senón que é unha oportunidade para a promoción dos valores patrimoniais e turísticos da cidade de Tui

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS