O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), presidido pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, autorizou hoxe a adxudicación do contrato para a redacción do proxecto, dirección de obra e execución das obras de construción de 36 novas vivendas de promoción pública no Porriño.
O Consello de Administración autoriza a adxudicación deste contratos para a construción dun inmoble de arredor 36 vivendas na parcela 1 do sector de solo urbanizable SUR-PPR-5, cedida polo Concello do Porriño. O número definitivo de vivendas determinarase na redacción do proxecto.
A empresa adxudicataria do contrato será Citanias Obras y Servicios, S.L.U. por importe de 8.122.094,15 euros. Na construción das vivendas deberán empregarse obrigatoriamente técnicas industrializadas.

