domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsO PaísRematados os traballos de limpeza e roza nos Castelos da Limia

Rematados os traballos de limpeza e roza nos Castelos da Limia

O delegado territorial da Xunta en Ourese comprobou o remate dos traballos de limpeza e roza dos Castelos da Limia, propiedade da Xunta de Galicia, aos que Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 12.000 euros

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, comprobou esta mañá o remate dos traballos de limpeza e roza dos Castelos da Limia, nos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 12.000 euros.

O delegado territorial explicou que esta actuación forma parte das intervencións arqueolóxicas que promove neste ano a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a través do seu servizo de Arqueoloxía, destinadas ao coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico da comunidade.

As actuacións desenvolvéronse na Torre do Castro (Sandiás), no Castelo da Pena (Xinzo de Limia) e na Torre de Firbeda (Porqueira); todos eles teñen a consideración de Ben de Interese Cultural do patrimonio cultural de Galicia. Estes forman parte dunha rede de defensas da zona de maior fertilizade do val da Limia.

Os traballos, baixo control arqueolóxico, consistiron na roza da vexetación e limpeza, eliminación de pequenas árbores e tocos deixados en anteriores limpezas, cortándoos a ras de solo, trituración ou traslado ao vertedoiro dos restos silvícolas.

Manuel Pardo destacou “a importancia de conservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural que é un dos principais sinais que procuran identidade de pobo”.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS