jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEfecto Pasillo abre a axenda musical das Festas de San Telmo en...

Efecto Pasillo abre a axenda musical das Festas de San Telmo en Tui

O actor galego Luis Zahera será o encargado de inaugurar as festas coa lectura do pregón o sábado 16 de abril.

Un programa “ambicioso, moi completo e, nalgúns casos, innovador”. Así define o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a programación das Festas de San Telmo, que, logo de dous anos de pandemia, volve a celebrarse en Tui do 16 ao 25 de abril. As actuación do grupo Efecto Pasillo e da orquestra París de Noia son as principais citas musicais.

As festas comezarán cun pregón popular a cargo do actor galego Luis Zahera. O acto será, coma novidade, en horario de mañá, o sábado 16, na Praza da Inmaculada, de 12.45 a 13.15 horas. Tamén na Praza da Inmaculada terá lugar un encontro de dez bodegas da zona o 16 e 17 de abril.

Volven tamén as actividades tradicionais das Festas de San Telmo, coma a Feira Cabalar, a procesión de San Telmo e a tirada de fogos piromusicais.

Programación das Festas de San Telmo:

Sábado, 16 de abril

12.00h – 14.00 h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos na compaña da Charanga Cantos Somos.

12.45h – 13.15 h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Luis ZaheraEn caso de choiva na carpa da Corredoira.

19.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Gala “Premios Cidade de Tui”Entrada libre até completar capacidade.

20.30h – 21.30 h Na Sala de Exposicións, inauguración da exposición “Artistas Tudenses”.

21.30h – 23.00h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Micalip’s.

23.00h – 01.00h Na no espazo feiral (explanada do antigo Cam-Fran) actuación do grupo Efecto Pasillo.

 

Domingo, 17 de abril

12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui

17.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. *Entrada libre até completar capacidade. Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui),

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música de Salvaterra.

18.30h – 21.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Satélites.

19.30h – 21.30 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.

21.30h – 23.00 h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo No All Kansas.

 

Martes, 19 de abril

17.00h – 17.30 h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral Ponte das Febres.

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira actuación de maxia “Why not 2.0” con Samuel Moreno .

21.00h – 22:15 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de “Milagro no convento de Santa María Juana”.

 

Mércores, 20 de abril

17.00 h – 17.30h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.

18.00 h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de circo “Abracadaver” coa Cia Assircopatas.

21.00 h – 22:30h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Spot”

 

Xoves, 21 de abril

17.00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.

20.00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.

21.00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.

 

Venres, 22 de abril

17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.

19.00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.

21.00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”

20.30h – 22.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.

22.30h – 00.00 h Na carpa da Corredoira, actuación de Rockin’ Gina & The Sentinels.

00.00h – 01.0 0h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.

 

Sábado, 23 de abril

10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.

12.00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.

13.00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.

17.00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.

18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.

19.00h – 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.

20.00h – 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.

21.30h – 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.

22.00h – 23.00h Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos.

22.00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.

 

Domingo, 24 de abril

10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.

12.15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.

12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.

17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.

17.30h – 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.

19.00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.

20.00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.

20.30h – 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.

22.30h – 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.

00.30h – 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.

 

Luns, 25 de abril

10.00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.

10.30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.

12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).

17.00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

19.00h – 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

19.00h – 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.

21.00h – 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.

22.15h – 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.

22:45h – 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.

23.30h – 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.

00.00h – 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES