viernes, junio 2, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaPorriño contará cun punto de información catastral

Porriño contará cun punto de información catastral

Estará aberto ao público todos os mércores en horario de 16.00 a 19.00, no segundo andar do Concello.

O Concello do Porriño contará desde este mércores cun Punto de Información Catastral, un servizo gratuíto que estará localizado nas oficinas do Departamento de Urbanismo, no segundo andar da casa consistorial.
A través deste servizo a veciñanza poderá obter certificacións, localizar parcelas, realizar trámites en liña como presentación de documentación catastral, recursos, contestar requirimentos catastrais, cambios de dominio, así como asistencia e información en materia catastral. Tan só é preciso a presentación do DNI.
O PIC estará aberto ao público os mércores de 16.00 a 19.00 horas. É recomendable solicitar cita previa, indicando o trámite a realizar. Pode facerse a través do teléfono 986 335 000, da Sede Electrónica ou de xeito presencial no propio Departamento de Urbanismo

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES