HomeNewsActualidadeOs sabores de outono protagonizan as Xornadas Gastronómicas do Mercado de San...

Os sabores de outono protagonizan as Xornadas Gastronómicas do Mercado de San Antonio en Tui

Os sabores de outono serán os protagonistas este sábado, 24 de outubro, na terceira proposta das Xornadas Gastronómicas “Saborea o Mercado de San Antonio”. Tras o éxito rexistrado nos dous meses anteriores no que o mexillón e o bonito foron o ingrediente base dos platos agora é a quenda doutros produtos de temporada coma a cabaza, o lacón, os grelos e as castañas.

A partir das 11:00 h poderanse degustar tres elaboracións realizadas polo restaurante Al Dente: Risoto con cabaza e lacón; Lacón con grelos e Castañas confitadas con crema de mascarpone. O prezo da cada ración será de 6€.

Con esta iniciativa, dende o goberno local, buscan “pór en valor os produtos de temporada que se poden atopar nos postos do Mercado de San Antonio, ao tempo que a gastronomía serve tamén de reclamo para atraer a novos clientes á praza de abastos tudenses que dende hai unhas semanas conta co selo de Mercado Excelente”.

A concelleira de Mercados e Comercio, Ana Núñez, destaca a gran acollida que “esta proposta gastronómica está a ter cada mes nunha aposta polo produto local e de temporada”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS