jueves, marzo 28, 2024
InicioO PaísOurenseRibadavia convoca un concurso de debuxo polo Día do Pai

Ribadavia convoca un concurso de debuxo polo Día do Pai

Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo

O Concello de Ribadavia promove un concurso para animar aos máis cativos a que, a través dun debuxo, transmitan o significado do Día do Pai, dando renda solta á imaxinación e á creatividade.

O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en lotes de material escolar e libros adapatados á idade dos participantes. Haberá dúas categorías, con tres premios cada unha: infantil (ata 8 anos) e xuvenil (de 9 a 12 anos).

Os traballos poden ser enviados como foto ao enderezo de correo electrónico cultura@ribadavia.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello.

O prazo de presentación remata o 21 de marzo e o resultado dos gañadores darase a coñer o día 24.

Para máis información poden consultar a páxina web  https://ribadavia.gal/concurso-de-debuxo/

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES