viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísOs transportistas en folga cortan o tráfico na A-8 en Vilalba

Os transportistas en folga cortan o tráfico na A-8 en Vilalba

O paro é indefinido e din que van continuar en folga «o tempo que faga falta» porque o Goberno aínda non lles respondeu ás súas reivindicacións.

 Terceiro día de folga e ante a indiferenza do Executivo central, os transportistas en folga optan por endurecer as súas accións e os piquetes pasan á acción. 

Esta mañá empregaron neumáticos para plantarlles lume e cortar a autovía A-8 a altura de Vilalba, en Lugo.

A folga está convocada pola Plataforma en Defensa do Sector do Transporte de Mercadorías por Estrada Nacional e Internacional.

O paro está a ter moito máis seguemento do agardado pola elevada presión dos piquetes aínda que non estea apoiada polas grandes federacións do transporto do país.

Centran os seus esforzos nos portos da Vigo e A Coruña e tamén nos polígonos industriais para parar a distribución e conseguir que os escoiten e atendan as súas peticións.

Reclaman unha baixada do combustible.

Aseguran estar a ter perdas de 2.000 e 2.500 euros, o que fai que case teñan que pagar por seguir traballando.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES