HomeNewsActualidadeO V Campionato de Tapas e Pinchos contará con medio centenar de...

O V Campionato de Tapas e Pinchos contará con medio centenar de profesionais da cociña galega

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, vén de participar na presentación do V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia, que se celebrará os días 19 e 20 de outubro no Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, e que reunirá a medio centenar de profesionais da cociña das catro provincias galegas.

O certame, impulsado pola Deputación de Ourense en colaboración con Turismo de Galicia, permitirá poñer o foco un ano máis na gastronomía galega como recurso turístico e na súa capacidade para dar a coñecer a identidade das diferentes provincias de Galicia.

Xosé Merelles destacou o papel do produto galego como “elemento dinamizador da actividade turística” e asegurou que “a gastronomía é hoxe un dos grandes elementos esenciais da nosa proposta turística e unha vía para atraer visitantes interesados en descubrir a identidade do territorio a través dos produtos procedentes da terra e do mar”.

Neste sentido, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a celebración dun evento que permite achegar esta oferta a través dunha experiencia que combina creación gastronómica e territorio. “Este tipo de iniciativas permiten mostrar a capacidade da cociña galega para combinar tradición e innovación e, ao mesmo tempo, contribúen a que os visitantes descubran os produtos, a cultura e os recursos turísticos dos territorios nos que se desenvolven”, explicou.

Tamén salientou a capacidade da gastronomía para complementar outros atractivos da oferta turística, como o patrimonio, a paisaxe ou a natureza. “Iniciativas como este campionato contribúen a poñer en valor o talento da nosa cociña e os produtos de proximidade, pero tamén os territorios que lles dan orixe”, subliñou.

Identidade da Ribeira Sacra

A quinta edición do Campionato terá como escenario o Mosteiro de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra ourensá, unha contorna marcada polo patrimonio monástico, os canóns dos ríos Miño e Sil, os viñedos en ladeira e a tradición vitivinícola.

A elección deste espazo permite vincular a competición coa identidade dun territorio no que a gastronomía forma parte dunha oferta turística máis ampla, na que tamén destacan o patrimonio e a paisaxe.

A proposta reunirá medio centenar de profesionais das catro provincias galegas. Cada participante deberá elaborar e presentar a súa creación en directo ante o xurado nun tempo máximo de quince minutos. O xurado valorará especialmente o sabor das elaboracións, ademais doutros aspectos como a técnica, a presentación, a orixinalidade e o emprego de produtos de proximidade.

As inscricións para participar no certame son gratuítas e poden realizarse

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS