viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísOs casos COVID baixan a 1.006 en Galicia

Os casos COVID baixan a 1.006 en Galicia

Un milleiro de galegas e galegos teñen COVID-19 agora mesmo. Son os casos detectados polo Sergas, 23 deles na última xornada. Galicia consegue baixar os seus casos activos a 1.006, ao descender en todas as áreas sanitarias.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 214 (-17)

A Coruña: 221 (-23)

Pontevedra: 73 (-7)

Santiago: 122 (-8)

Ourense: 161 (-18)

Lugo: 190 (-16)

Ferrol: 25 (-1)

Nos hospitais, diminúe o número de persoas en planta (-3). En total, hai 15 persoas en coidados intensivos e 39 en planta. Con todo, o Sergas notificou o falecemento dunha persoa por mor da covid−19, que eleva o número de decesos a 2.637 desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES