martes, abril 30, 2024
InicioNewsO PaísMesas de 8 e 15 persoas na hostalería galega desde o sábado

Mesas de 8 e 15 persoas na hostalería galega desde o sábado

Comidas e ceas de ata 8 persoas no interior dos restaurantes será posible desde este sábado, 18 de setembro. Tamén se poderán sentar na mesma mesa na terraza ata 15 persoas. Son decisións avaladas polo comité clínico que asesora á Xunta.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou tras a reunión do comité clínico que a Xunta acordou aumentar o número de persoas que poden xuntarse en bares e restaurantes.

«Un incremento do número de persoas que poderán compartir mesa e mantel nun restaurante ou nunha cafetería, pasando de seis a oito en interiores e de dez a quince en exteriores», explicou Feijóo. A medida, segundo confirma a Consellería de Sanidade, entrará en vigor a partir do sábado.

O presidente da Xunta tamén dixo que «deben decaer as limitacións que existían para a circulación e reunión de persoas a partir das tres da mañá».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES