viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMos crea a súa propia versión da canción de La Vuelta

Mos crea a súa propia versión da canción de La Vuelta

A Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros, versionaron o tema musical de La Moda, do que gravaron tamén un vídeo clip que se estrea esta tarde na páxina oficial de Facebook do Concello de Mos

Continúase en Mos coa programación derivada da meta da etapa de La Vuelta Ciclista a España no Castro de Herville-Cela, o sábado día 4 de setembro. Outra das iniciativas postas en marcha é a versión da canción oficial de La Vuelta, autoría do grupo burgalés La Moda, a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros.

A versión que membros da Banda de Música Xuvenil de Torroso prepararon xunto con Antonio Barros, conta tamén co seu propio vídeo clip que se estrea esta tarde na páxina oficial de Facebook do Concello de Mos.

A rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, quixeron “agradecerlles aos participantes nesta espectacular versión musical a súa colaboración o seu interese e o seu bo facer”, gratitude que quixeron expresarlles tanto a Antonio Barros como aos membros da Banda de Torroso. E engadiron ademais o agradecemento a estes grandísimos músicos locais por “ilusionar á poboación mosense sempre, e especialmente nestes momentos nos que a crise sanitaria derivada da COVID-19 merma os estados de ánimo, polo que cómpre seguir a ilusionar á veciñanza; algo que eles fan como ninguén”, aseguran a alcaldesa Arévalo e Sara Cebreiro.

Desde o Concello anímase a ver esta peza no Facebook do Concello, xa que “non deixará indiferente a ninguén”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES