viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoCentos de veciños claman en Ponteareas pola Sanidade Pública

Centos de veciños claman en Ponteareas pola Sanidade Pública

Veciños e veciñas da vila do Corpus concentráronse este mércores nas inmediacións do Centro de Saúde en contra dos «recortes e preacización da sanidade pública».

 

A convocatoria para manifestarse en Ponteareas «contra os recortes na sanidade» correu polas redes sociais e este mércores ás 20:00 horas centos de veciños e veciñas da vila do Corpues acudiron ás inmediacións do Centro de Saúde para clamar pola Sanidade Pública.

Á convocatoria acudiron a alcaldesa, a nacionalista Cristina Fernandez Davil, xunto con outros membros do goberno municipal así como o líder dos independentes de Ponteareas, Juan Carlos Carrera, de Acip. A nivel autonómico, a Coordinadora Nacional Esquerda Unida e secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, estivo, tamén, xunto á veciñanza da vila na protesta a favor da Sanidade Pública. Amáis, a organización local Ponte Solidario foi parte activa.

manifestación ponteareas sanidade publica

 

A cocentración produciuse logo de que a rexedora do municipio, a alcaldesa Cristina Fernández, anunciara que o Centro de Saúde ía quedar sen turno de tarde por mor das vacacións de agosto do persoal facultativo. Unha información, con todo, que o SERGAS desmentiu mediante un comunicado no que aseguraron que se manterá a quenda de tarde, aínda que con menos persoal sanitario, e que se trata dunha circunstancia excepcional que afectaría ata a metade do mes de setembro. De feito, a líder dos populares na vila, Belén Villar, afirmou, nunha rolda de prensa, que «segundo consultamos si haberá dous médicos en consultas ordinarias en horario vespertino» e criticou que «a rexedora difunde informacións falsas».

Pola súa banda, a alcaldesa insiste en que «si de verdade hai quenda de tarde por que cancelan as citas «. Sinalou que «a xente ou vai pola mañá ou terá que esperar un mes para a cita»  e sobre o aumento dun médico no persoal sanitario a rexedora di que «necesitase máis «. Lembra que o venres 13 celebrarase a reunión inicial da Plataforma en defensa da sanidade pública en Ponteareas, unha plataforma que segundo Fernández Davila impulsou o concello.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES