lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaPequenos enxeñeiros no Colegio Lar

Pequenos enxeñeiros no Colegio Lar

Alumnado de 3º de Primaria deseña e constrúe circuítos deportivos saudables e inclusivos e consigue o recoñecemento ao mellor traballo de innovación e mellor maqueta nun encontro de robótica y tecnoloxía clasificándose, entre máis de 250 participantes, para a final nacional

Dous premios, un ao mellor proxecto de innovación e outra á mellor maqueta, e a clasificación para a final nacional. Ese foi o resultado da participación do Colegio Lar na First Lego League Galicia. Dous grupos formados por estudantes de 3º de Primaria representaron por primeira vez ao centro neste encontro de robótica e tecnoloxía. O afán por fomentar a vocación científica e tecnolóxica entre o seu alumnado para contribuír no desenvolvemento de competencias e habilidades necesarias para o seu futuro profesional foi o que motivou ao Colegio Lar a participar desta competición a nivel autonómico que reuniu a máis de 250 escolares de centros educativos de toda Galicia.

Ao longo destes últimos meses, seleccionouse a dous grupos de seis estudantes para o Desafío PLAYMAKERS, usando os valores FIRST, descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión. Dito desafío consiste en construír unha maqueta baseándose na necesidade de espazos para animar ao cidadáns a manterse activos con zonas de xogo, dentro da nosa cidade e que sexan accesibles para todo o mundo, formulándose a pregunta de ¿como podemos axudar a nosa comunidade a manterse sa xogando?

Así, a pasada fin de semana, desde as instalacións do Colegio Lar e para toda España in streaming presentaron as súas maquetas, na categoría Explore (para nenos de 6 a 9 anos), os equipos MAKER LEGO LAR (formado por María, Carmen, Ángela, Nicolás, Lois e Eric) e STAR LEGO LAR (integrado por Sergio, Adrián, Enzo, Carolina, Marta e Bryan). Os escolares explicaron os seus “Circuítos Deportivos” con pista de hóckey, ximnasio, cinta de correr e unha pista de skate con telesilla incorporado por parte de MAKER LEGO LAR, que conseguiu o premio á mellor maqueta. E o deseño de STAR LEGO LAR cun tobogán con ascensor para facilitar a subida a persoas con dificultades, cinta de correr e rocódromo que logrou alzarse co premio ao mellor proxecto de innovación.

Todo elo debía cumprir, ademais, coa inclusión de un Set LEGO Wedo 2.0, un dispositivo electrónico e a realización dun póster ilustrativo coas fotos e o proceso de elaboración de dito reto.

Os dous equipos tiveron o apoio de dous dos profesores do Colegio Lar, Adrián e Sabi, como adestradores de ambos grupos.

O director do Colegio Lar, Rodrigo M. Salgado Pombo, en nome de toda a comunidade educativa do centro, deu a en hora boa “aos nosos pequenos enxeñeiros” trala súa participación e consecución de galardóns, é vez que lles envía unha mensaxe de ánimo para a súa participación na gran final a nivel nacional que se celebrará a última fin de semana deste mes de xuño.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES