viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia proporá "supostos e lugares" para quitar a máscara

Galicia proporá «supostos e lugares» para quitar a máscara

A eliminación da prohibición de levar máscara en determinados lugares ao aire libre correspóndelle ao Estado pero Galicia trasladaralle ao Goberno a súa propia proposta de «supostos e lugares» nos que considera que sería posible eximir de utilizala.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

O mandatario galego deixou claro que a decisión de permitir retirar a máscara en determinados casos ao aire libre á cidadanía é unha competencia do Goberno central e non de cada autonomía.

Con todo Fejóo cre que Galicia como comunidade autónoma con máis poboación vacinada entre os maiores de 50 anos, «debe ter peso na decisión».

Consecuentemente, o Goberno Galego elaborará unha proposta de «supostos e lugares» en que se pode eliminar a obriga de uso de máscara para trasladarlla ao Ministerio.

A Xunta tamén traballa xa co Comité Clínico na revisión de toda a normativa COVID que mantén limitacións das distintas actividades (hostalería, deporte, cultura ou parques acuáticos). A previsión é poder presentala a semana vindeira e que entre en vigor o sábado 19 de xuño. De non ser posible pola súa complexidade, como moi tarde entraría en vigor o sábado 26 de xuño.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES