viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO País"Estamos preparados para seguir co plan de vacinación"

«Estamos preparados para seguir co plan de vacinación»

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de afirmar que a comunidade está «preparada para continuar coa vacinación»

Así o di o titular de Sanidade en Galicia logo de coñecer que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) concluira que a dose da vacina contra a COVID-19 de AstraZeneca é «segura e eficaz» polo que na comunidade «estamos preparados para seguir co plan de vacinación e conseguir a inmunización do maior número posible de galegos e galegas», segundo explica o conselleiro, Julio García Comesaña.

O luns reunirase o Consello Interterritorial de Saúde, no que participa tanto o Ministerio de Sanidade como as Comunidades Autonómas, co fin de decidir que grupo será o seguinte en recibir a dose de AstraZeneca. A ministra, Carolina Darias, aclarou onte en conferencia de prensa que se retomará a inmunización da cidadadanía con este antídoto o mércores 24 de marzo.

Veredicto da EMA

O comité de farmacovixilancia da Axencia Europea do Medicamento (EMA) determina «que a taxa de trombose entre as persoas vacinadas con AstraZeneca é máis baixa que a que se detecta na poboación xeral» e que polo tanto a formulación contra a COVID-19 «é segura e eficaz», segundo dixo a súa presidenta, Sabine Straus en conferencia de prensa.

Pola súa banda, a directora da EMA, Emer Cooke, insisitu en que «non é posible relacionar os eventos de trombose coa dose da vacina» así que «os beneficios superan, de lonxe, aos riscos», engadiu Cooke en relación á subministración do antídoto de AstraZeneca. Quixo recalcar a directora que «a opción desta farmacéutica é unha opción sa e efectiva para protexer á cidadanía fronte o virus».

 

Preto de 15.000 persoas vacinadas en Galicia con AstraZeneca o sábado

O pasado sábado Sanidade levou a cabo unha vacinación masiva nas sete áreas sanitarias de Galicia na que, en total, se subnistraron a dose de AstraZeneca a preto de 15.000 persoas de entre 50 e 55 anos de idade. Logo de que o Ministerio xunto coas Comunidades Autónomas decidiran pausar a vacinación con este antídoto dúas semanas, Sanidade explicou que «estas persoas deben estar tranquilas, están localizadas, sabemos quenes son» e apelaron a un «sentido da prudencia».

Está por ver agora cando e como se retoma a subministración da dose de AstraZeneca en Galicia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES