Os Bombeiros de Vigo rescataron á muller e os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Unha muller perdeu a vida en Vigo logo de precipitarse ao interior dun pozo, situado na rúa Falcoido, en Beade.

Ao fío das 11:45 horas deste mediodía, os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia da caída dunha muller nun pozo e, a partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros da cidade e dos axentes da Policía Nacional e Local.

Unha vez no punto e tras ser rescatada polos Bombeiros de Vigo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller.

Según fontes policiais, todo indica que se trata dun suicidio.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron