viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasVal de MiñorGondomar programa en dous meses quince espectáculos

Gondomar programa en dous meses quince espectáculos

As entradas para os diferentes eventos de música, teatro, cine e danza poden adquirise de xeito electrónico na web taquilla.concellodegondomar.gal.

Unha quincena de representacións culturais no auditorio Lois Tobío están programadas en “Gondocultura Outono” que este ano inclúe a novidade de introducir sesións de cinema con títulos premiados en diferentes festivais

Entre o 1 de outubro e o 5 de decembro todas as fins de semana en Gondomar terán unha cita con algunha das actividades programadas en “Gondooutono”, inaugurando o pasado venres a nova tempada de teatro a compañía Limiar Teatro e a estrea absoluta en Gondomar da súa obra “A música non amansa as Bestas”, espectáculo realizado en coprodución con residencia artística no Concello de Gondomar.

Sumaranse a esta estrea a representación, mañá sábado ás 21.30 horas, da recentemente premiada con catro premios María Casares “A lingua das Bolboretas” da man de Sarabela Teatro. E o domingo, ás 19.00 horas, Cándido Pazó presenta o clásico “Memorias dun neno labrego”

Toda a programación pode consultarse na mesma web de venda de entradas https://taquilla.concellodegondomar.gal

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES