viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño cambia o horario do servizo de recollida de papel e cartón...

Porriño cambia o horario do servizo de recollida de papel e cartón comercial

A partir do 1 de decembro realizarase ás 14.00 horas os martes e xoves

A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informa dun cambio de horario no servizo de recollida de papel e cartón comercial.
A partir do xoves 1 de decembro, os establecementos que estean adheridos a este servizo gratuíto deberán cambiar o horario no que deixaban os residuos na porta do local, xa que se recollerá ás 14.00 horas dos martes e xoves.
Os comercios que aínda non estean inscritos e desexen utilizar este servizo poden anotarse no 665571555 ou enviando un correo electrónico ao enderezo tecnicoporrino@serviciosdosconcellosgalegos.es para poder engadilos á ruta de recollida.
Recollida de entullos
Dende a concellería de Limpeza recordan que depositar entullos na vía pública está prohibido e é obxecto de sanción.
O Concello do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de cita previa. Todos aqueles que queiran desfacerse de voluminosos deberán chamar ao 655 571 555 e o servizo de limpeza municipal indicaralles onde e cando deben depositar estes residuos.
Tamén poden acudir directamente ao Punto Limpo, sito no Polígono A Granxa (Rúa Cíes, 187) de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, e os luns tamén en horario de tarde, de 16.00 a 20.00.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES