viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño pide unha rúa para Antonio Palacios en Madrid

Porriño pide unha rúa para Antonio Palacios en Madrid

Eva García de la Torre acudiu este xoves ao Círculo de Bellas Artes, na capital do estado, para participar na presentación do libro «Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios»

A rexedora local solicitou que “Madrid honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade».
Na súa intervención, Eva García reivindicou a «enorme transcendencia de Antonio Palacios como urbanista cunha pegada innegable en Vigo e no Porriño e tamén en Madrid onde deixou un legado impresionante do que unha mostra é este edificio do Círculo de Belas Artes onde nos atopamos».
A rexedora reivindicou que «dende a nosa chegada á Alcaldía do Porriño temos traballado arreo para recuperar unha meirande parte dos cadernos de debuxos de Antonio Palacios que serviron para editar libros como este que estamos a presentar, obra de Álvaro Bonet», manifestou García de la Torre.
A alcaldesa do Porriño falou ante un auditorio ateigado de público no Círculo de Belas Artes de Madrid. Entre os espectadores ocupou un lugar salientable na primeira fila de cadeiras, Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno Central.
Antes de que dera comezo o acto, alcaldesa e vicepresidenta estiveron falando e recibiron un agasallo da directiva do Círculo de Belas Artes.

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES