Visitou a zona afectada a directora rexional da cultura do Norte de Portugal, Laura Castro, a ministra Ana Abrunhosa e o presidente da C.M, Jose Manuel Carpinteiro. 

A proposta para declarar a fortaleza de Valença como Patrimonio da Humanidade segue adiante malia o derrubamento que sufriu a muralla do século XXVII nas últimas horas por mor do temporal.

Segue adiante porque segundo dixo a directora rexional da cultura do Norte de Portugal, Laura Castro, "non sempre o que se propón como Patrimonio na UNESCO está en perfecto estado". Pola súa banda, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteiro, agarda a colaboración do goberno luso para a reconstrucción da fortaleza.

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?