HomeNewsActualidadeBaiona traslada a carabela La Pinta aos astilleiros para realizar tarefas de...

Baiona traslada a carabela La Pinta aos astilleiros para realizar tarefas de mantemento

A carabela La Pinta partiu este venres rumbo aos astilleiros Cardama, en Vigo, onde se levarán a cabo traballos de mantemento e acondicionamento necesarios para garantir a súa conservación e posta a punto.

A operación iniciouse ao amencer coa manobra de desatranque e saída do pantalán, unha intervención de especial complexidade debido ás dimensións da embarcación e ás características da súa ubicación. Para levala a cabo, foi preciso contar coa colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona.

Unha vez a embarcación alcanzou unha posición adecuada na bahía de Baiona, o buque Irmáns García Nodal, dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, asumiu as labores de remolque ata os astilleiros, onde se desenvolverán os traballos previstos.

Así mesmo, durante este período realizaranse as labores de mantemento dos amarres e fondeos, co obxectivo de que todo esté preparado para o regreso de La Pinta á vila.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS