viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda de Caselas estuda pedir a declaración de zona catastrófica

Salceda de Caselas estuda pedir a declaración de zona catastrófica

Entrevista coa alcaldesa, Verónica Tourón.

Das 15 empresas que existen na zona industrial do Cerquido, en Salceda de Caselas, a meirande parte delas estiveron afectadas polas inundacións que anegaron á localidade no comezo de ano. É por isto que a alcaldesa do municpio, a socialista Verónica Tourón, impulsa «o estudo para solicitar a zona catastrófica».

É o Consello de Ministros o órgano que ten a responsabilidade de acordar declarar unha zona como afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil e, en todo caso, son os Ministerios de Presidencia e Administración Pública e o de Interior, entre outros, os que teñen que propoñelo. A Xunta de Galicia sería a encargada de emitir os informes, unha vez solicitados.

Outro dos requisitos para que se declare zona catastrófica é que «se debería comunicar se se activou pola Comunidade Autónoma afectada a situación 2 de emerxencia do plan de protección civil que corresponda, segundo a lei que regula esta figura. Non é o caso de Salceda de Caselas.

A rexedora di que «en todas as parroquias se rexistraron incidencias».

Escoita a entrevista completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES