viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísO desemprego baixa en Galicia en 10.300 persoas no 2022

O desemprego baixa en Galicia en 10.300 persoas no 2022

O paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia tivo un descenso de 10.362 persoas.

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social a baixada en Galicia foi do -6,79 %, fronte ao -8,6 % da media nacional.

O total de desempregados en Galicia sitúase en 142.222, que son 536 menos que en novembro, o que supón un descenso intermensual (de novembro a decembro) do 0,38 %.

O mercado laboral terminou 2022 con 9.479 afiliados máis que un ano antes, o que leva o número de ocupados a 1.042.263 persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES